O fondo de compensación interterritorial: unha proposta desde Galicia

docum-4-fondo
Relator:
Xoaquín Fernández Leiceaga
Membros da Ponencia:
Santiago Lago Peñas
Xoaquín Álvarez Corbacho

Setembro de 2013.
Documento 4/2013

A converxencia rexional en España non funciona excesivamente ben desde hai algunhas décadas. Nese contexto, Galicia amosa un comportamento positivo. Tomando como referencia os últimos quince anos, pasou dunha renda por habitante no entorno do 80% da media española a superar lixeiramente o 90% -aínda que toda a aproximación á media española, é consecuencia do declive demográfico-. Foi un crecemento intensivo, cunha notable elevación da produtividade do traballo.

A este proceso, cos seus luscos e fuscos, contribuíu a instrumentación dunha política de desenvolvemento rexional con abundantes recursos –inicialmente no ámbito español e logo reforzada por copiosos fondos europeos-, que fixo posíbel nas comunidades menos desenvolvidas aumentar a dotación de capital público.

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?