O Foro prevé un crecemento superior ao 2,5% en 2017

O Foro Económico de Galicia presenta as súas previsións de crecemento para o ano 2017

industria

04.04.2017

O Foro Económico de Galicia continúa a súa tarefa de transferir coñecemento en materia económica aos espazos de decisión pública e ao conxunto da sociedade.

Neste liña o Foro acaba de presentar o Informe sobre as previsións de crecemento para o ano 2017 que nace cunha triple finalidade. A primeira consiste en ordenar e presentar todas as previsións dispoñibles para o PIB de Galicia en 2017. A segunda céntrase en avalíar a capacidade preditiva das diferentes institucións públicas e privadas nos anos anteriores. En derradeiro termo, procura ofrecer unha previsión de consenso baseada na combinación das diferentes cifras dispoñibles para 2017 e propoñendo unha banda de confian­za a partires da información máis recente do Indicador ABANCA-Foro de conxuntura económica.

Nomeadamente, a previsión de consenso obtida polo Foro é dun crecemento previsto para Galicia en 2017 do 2,5% a partires do cal establécese unha banda de confianza do crecemento previsto do 2,5 ao 2,8%.

O informe está elaborado por un equipo de expertos do Foro Económico de Galicia, baixo a dirección dos profesores Fernando González Laxe, Xosé Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por máis de 50 profesores e investigadores das tres universidades galegas, empresarios e directivos e xornalistas especializados en divulgación económica.

Log in with your credentials

Forgot your details?