Produción láctea (IV/2015)

Un gandeiro muxindo as vacas na súa explotación familiar.

Informe de conxuntura socioeconómica 4/2015

Comentario II

O complexo lácteo en Galicia: diagnóstico e estratexias de futuro

Edelmiro López Iglesias

CONTIDO

Máis alá da conxuntura e os problemas inmediatos, o profesor López Igleias, experto en economía agraria, ofrece un breve diagnóstico sobre a realidade actual do complexo lácteo galego e as súas perspectivas no novo contexto europeo e mundial, definido pola liberalización dos mercados.

Os datos mostran un complexo cun notable peso económico (aporta o 1,5% do PIB), no que Galicia xera case o 40% da produción láctea española e figura entre as 10 primeiras rexións leiteiras da UE. Pero que ten pendentes de resolver tres problemas de fondo: o modelo produtivo das explotacións, a extrema debilidade da industria e a falta de organización da cadea (relacións entre gandeiros, industrias e distribución).

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?