O sector forestal en galicia: problemática actual e perspectivas futuras

docum-10-forestal
Juan Picos Martín

Xaneiro de 2015.
Documento 10/2015

O monte é unha realidade territorial complexa, parte doutra realidade complexa como é o propio medio rural galego. O medio rural, ademais da súa importancia económica e social, ten funcións medioambientais que se recoñecen e acrecentan progresivamente. En particular, unha parte significativa dos montes galegos están incluídos na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, desempeñan unha importante tarefa na protección dos sistemas hidrolóxicos, ou acollen numerosas e senlleiras mostras do patrimonio arqueolóxico ou cultural. Ademais, as masas arborizadas e os solos forestais son un reservorio básico de carbono que os converte en piares fundamentais para a loita contra o cambio climático.

PDF

Log in with your credentials

Forgot your details?