
Informe de conxuntura socioeconómica IV/2014
Comentario I
Fernando González Laxe (Coord.)
José Francisco Armesto Pina
Patricio Sánchez Fernández
Santiago Lago Peñas
CONTIDO
Os parques empresariais constitúense como unidades de actuación urbanística destinadas ao uso industrial, comercial e de servizos dotadas dunha completa rede de infraestruturas (incluídas as telecomunicacións) e que garanten un mínimo impacto medioambiental. En Galicia, os distintos plans sectoriais aprobados dende o primeiro Plan de Solo Empresarial de 1991 compórtanse case exclusivamente como instrumentos de planificación urbanística do territorio que posibilitan a creación de solo.