X Reunión Anual


Catro debates A Toxa

 

O impacto do Brexit en materia de pesca, acuicultura e téxtil e o modelo de rede viaria centran a primeira xornada da X Reunión Anual do Foro Económico de Galicia.

Maio 9, 2019

Máis de 60 economistas, empresarios e comunicadores asistiron hoxe a primeira xornada de traballo da X Reunión Anual do Foro Económico de Galicia. O ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe presentou un amplo informe sobre a exposición da economía galega ao Brexit. O informe indica que a incerteza se mantén como factor chave nas negociacións entre o Reino Unido e a Unión Europea a pesar de que, desde onte, sabemos que os británicos decidiron participar nas eleccións europeas do próximo 26 de maio.

En caso de Brexit, Galicia podería perder un 4,9% en volume e un 3,84% en valor dos preparados e conservas de peixe e mariscos galegos exportados ao Reino Unido, un 13,09% en volume e un 14,53% en valor que representan as importacións.

En canto ás importacións galegas de peixes frescos procedentes do Reino Unido poderían perdese un 13,09% en volume e un 14,53% en valor.

O segundo asunto analizado nesta primeira xornada centrouse na situación da rede de infraestruturas en Galicia. A profesora Mar González presentou un informe onde identifica as principais carencias do modelo actual: a falta dunha política tarifaria. Pero tamén a necesidade de que non se leve a cabo ningunha infraestrutura máis sen facer unha valoración de rendibilidade.

Manuel Lago, de CCOO e profesor da Universidade da Coruña afirmou que as autoestradas de peaxe son "unha anomalía". A xuízo de Manuel Lago non ten sentido que algúns tramos sexa gratuítos e outros de pago. Pola súa parte o representante de Audasa, pola súa banda, defendeu o modelo de xestión da AP-9.

Mañá a xornada abrirase coa conferencia do director de AIReF, José Luis Escrivá, a intervención do conselleiro de Medio Rural, José González, a presentación por parte do director do Foro, Santiago Lago do grupo de traballo Galicia 2040, para finalmente pechar cunha conferencia da directora financeira da OCDE, Ana José Varela.