A economía galega continúa coa súa senda expansiva rexistrando taxas de variación interanuais iguais ou superiores ao 3% dende hai cinco trimestres

Perfil de estaleiros galegos na Ría de Vigo

Tras nove anos dende o comezo da crise, Galicia presenta un PIB real case ao mesmo nivel de 2008. Con todo, esta recuperación macroeconómica non se traslada ao mesmo ritmo ao mercado de traballo, nomeadamente no que se refire á poboación ocupada.

O crecemento da economía galega susténtase na maior contribución do saldo exte¬rior neto, que compensa a ralentización da achega demanda interna e a contracción do investimento público.

Dende o punto de vista da oferta, o diferencial positivo galego explícase polo dinamismo da industria manufactureira e do sector servizos, impulsado novamente polas actividades de comercio, transporte e hostale¬ría. En sentido contrario, destaca o negativo comportamento do sector primario.

 

Ver documento

Log in with your credentials

Forgot your details?