Galicia, unha comunidade ben situada para afrontar os desafíos das tecnoloxías intelixentes



Outros eventos


  • Expertos tecnolóxicos impulsan a implantación de tecnoloxías e intelixencia artificial no tecido empresarial
  • A IA destruirá 75 millóns de empregos en dous anos pero creará outros 130 millóns

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019.

O Foro Tecnolóxico concentrou a medio centenar de asistentes na sede do Edificio CEA (Centro de Estudos Avanzados), en Santiago de Compostela, para trasladar a importancia da implantación de tecnoloxías nas empresas e entidades públicas.

A incorporación destas novas ferramentas permitiralles mellorar a calidade dos seus productos e servizos, os seus procesos de producción ou xestión, incluso os seus modelos de negocio, sempre que a incorporación destas tecnoloxías, ademais da redución de custes, implique introducir a cultura da innovación entre os seus equipos.

Galicia é unha das Comunidades ben situadas para afrontar os desafíos da revolución tecnolóxica. Conta con numerosos investigadores na materia, un centro de I+D específico, o CITIUS e ten unha rede de centros tecnolóxicos con dilatada experiencia na integración de solucións baseadas nas tecnoloxías intelixentes.

Ademais, Galicia dispón dun tecido productivo sensible ao valor estratéxico que supoñen estas ferramentas, anque tamén é certo que aínda debe dar pasos adiante. A administración autonómica tamén comeza tomar medidas importantes si ben debe acelerar o ritmo de implantación tecnolóxica.

Un dos aspectos máis polémicos abordados na xornada foi o impacto da intelixencia artificial na creación e destrución de postos de traballo.

Senen Barro, un dos directores deste foro e catedrático de Computación e Intelixencia Artificial da USC, considera que "Sen dúbida a automatización intelixente vai eliminar postos de traballo e ao tempo vai crear outros. O problema é que quenes perdan o seu emprego debido á automatización non serán en xeral as persoas que asumirán os novos postos de traballo creados ao fío das TIC e, en particular, das Tecnoloxías Intelixentes".

O impacto no emprego

Son moitos os informes e estudios que existen na materia, pero por agora ningún deles parece ser concluínte

O Foro Económico Mundial estima que dende aquí ao 2022, é dicir, nos vindeiros dous anos, eliminaranse uns 75 millóns de empregos pero de igual maneira tamén anuncia que se crearán máis de 130 millóns da man das tecnoloxías intelixentes.

O impacto no emprego parece evidente, pero é a economía no seu conxunto a que enfróntase a grandes cambios.

Para Galicia os retos poden clasificarse en tres:

1. O educativo, é preciso preparar perfiles profesionais especializados en torno ás Tecnoloxías Intelixentes, o que supón introducilas en todas as etapas educativas e en todas as áreas de coñecemento.
2. O desenvolvemento de políticas públicas que incentiven o I+D+i e, ao mesmo tempo, será necesaria unha rede de protección social para aqueles que queden excluídos do mercado laboral.
3. A necesaria adaptación por parte das empresas ás tecnoloxías intelixentes co criterio dunha aposta pola innovación baseada na automatización e non nunha simple redución de custes. É dicir, non trátase de substituír traballadores sino de aumentar o seu valor, aproveitando das persoas o que nos fai diferentes das máquinas.

FINTECH

O relatorio do serán estivo adicado ao sector Fintech, empresas tecnolóxicas especializadas en actividades financeiras que aportarán valor á banca tradicional.

A discusión pretende realizar un diagnóstico do sector en Galicia e valorar a viabilidade para configurar o polo Fintech co norte de Portugal.

No ámbito Fintech, Galicia é a quinta rexión por número de Fintech creadas.

Na actualidade o mapa español Fintech recolle un total de 12 empresas e da traballo a unhas 7.500 persoas con perfiles moi especializados: programadores, xestores, marketing dixital...

Este relatorio foi dirixido polo profesor Luis Otero González, de Economía Financeira e Contabilidade da USC.