Socios

O Foro Económico de Galicia ten forma xurídica de asociación sen ánimo de lucro. Na base da súa estrutura aparecen as empresas e institucións que son socias de dereito e os patrocinadores estables. Os membros natos inclúen aos profesores, empresarios, directivos e xornalistas que de xeito continuado contribúen a actividade ordinaria do Foro. O comité executivo está composto por seis persoas que se encargan de adoptar as decisións estratéxicas e supervisar as actividades. Finalmente, o Foro conta con colaboradores que participan puntualmente nalgunha actividade.

Fotogrupo
imagen4

Fernando González Laxe

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña

Fernando González Laxe (A Coruña, 1952) é catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e director do Instituto de Estudios Marítimos. Experto en pesca, portos e economía do mar, é autor, director e coautor de numeras investigacións sobre o sector pesqueiro e o transporte maritimo.

Foi presidente da Xunta de Galicia (1987-90), presidente de Portos do Estado (2009-12), director xeral de Ordenación Pesquera e subdirector xeral de Pesca

SANTIAGO LAGO, ECONOMISTA.

Santiago Lago Peñas

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e Director do Foro Económico de Galicia

Santiago Lago Peñas (Vigo, 1971) é director do grupo de Investigación GEN (Governance and Economics Research Network). Especialista en investigación económica sobre fiscalidade, desenvolvemento rexional e federalismo fiscal. Codirector da RIFDE e director da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo. Colabora coa OCDE, o Forum of Federations e a Comisión Europea, entroutros

imagene5

Victor José Nogueira García

Presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega de Empresa Familiar

Víctor José Nogueira García (Santiago de Compostela, 1957) preside o grupo Nogar, con forte posicionamento no sector loxístico, comercial, inmobiliario i enerxético. Víctor Nogueira é licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto e graduado en Empresariais polo ICAI. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no grupo empresarial familiar, do que é presidente. O grupo Nogar está integrado por 11 compañías de vocación internacional. É presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar.

perez_nieto

Emilio Pérez Nieto

Presidente de Unvi  e do Foro Económico de Galicia

Emilio Pérez Nieto (Ourense, 1942) é presidente de UNVI e conselleiro do Grupo Pérez Rumbao. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Bilbao, preside  a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia (ACOAG). É vicepresidente do Círculo de Empresarios de Galicia e da Dirección (APD). É membro do consello asesor do banco Sabadell Gallego.

PedroPuy

Pedro Puy Fraga

Profesor de Economía Política na Universidade de Santiago de Compostela

Pedro Puy (Granada, 1962) é doutor en Dereito e profesor titular de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Ten numerosas colaboracións e análises no campo do financiamento autonómico, reparto da riqueza e políticas públicas. Pedro Puy é actualmente o portavoz do PP no Parlamento de Galicia. Foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia e director xeral de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia.

imagen6

Manuel Rodríguez Vázquez

Presidente de Rodman

Manuel Rodríguez (Vigo, 1942) preside os grupo Rodman, unha compañía internacional con varios estaleiros, adicados á construcción naval, tanto en grandes buques de aceiro como no deseño e producción de embarcacións de recreo ou de vixiancia. Manuel Rodríguez é directivo do Círculo de Empresarios de Galicia, da Asociación Galega da Empresa Familiar e membro de diferentes consellos de administración.

Equipo Técnico

Luciaferreira

Lucía Ferreira Gómez

Xerente

Lucía Ferreira (As Neves, 1981) é graduada en Economía e máster en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade de Vigo. Traballa na Universidade de Vigo como responsable de xestión de grupos de investigación. No 2013 se incorporou a o grupo de investigación económica GEN, do que é a coordinadora xeral. Lucía Ferreira tamén é coordinadora do Foro Económico de Galicia, RIFDE e a Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo.

Fernanda-Martinez-2

Fernanda Martínez Castillo

Xerente adxunta

Fernanda Martínez (Buenos Aires, 1991) é xestora do grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo. Graduada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, é Máster en Banca e Finanzas pola Universidade da Coruña. Ademais de estar integrada en GEN, é corresponsable da organización de actividades de RIFDE, Foro Económico de Galicia e Cátedra de Empresa Familiar. Tamén é responsable de comunicación e redes sociais do grupo.

PatricioSanchez

Patricio Sánchez Fernández

Subdirector

Patricio Sánchez (Vigo, 1973) é doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Postgraduate Diploma in Marketing and Enterprise Skills polo Galway Institute of Technology (Irlanda). Pertence ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network) da Universidade de Vigo do que é subdirector.

Ten sido membro do equipo de investigación de proxectos competitivos a nivel nacional relacionados coa economía, a xestión empresarial, o turismo e o deporte. Igualmente, ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais, ao tempo que conta con experiencia profesional no ámbito do sector financeiro.

escuris

Jesús Alonso Escurís

Presidente de Jealsa Rianxeira

Jesús M. Alonso Escurís, (Boiro 1959).

Conselleiro Delegado da Corporación Empresarial Jealsa e membro da Xunta Directiva de ANFACO-CECOPESCA desde o ano 1996. Ostentou o posto de Vicepresidente 1º, ata ser nomeado Presidente en funcións despois da dimisión de Álvaro Pérez-Lafuente Bóveda.

Ademais de Jealsa, estivo vinculado a outras 15 empresas, como Engasa Eólica Xiabre SL, Inversiones Gallegas del Cable SA ou Petselect SA.

En Jealsa, a primeira conserveira galega, cunha cifra de negocio cercana aos 330 millóns, Jesús-Manuel Alonso Escurís, segundo fillo do fundador, dirixe como conselleiro delegado o incipiente proceso de expansión por Asia.

Web Jealsa Rianxeira

XaquinCorbacho

Xaquín Álvarez Corbacho

Doutor Ciencias Económicas Universidade de Santiago

Xoaquín Álvarez Corbacho (O Grove, 1942), é un político, economista, ensaísta e investigador galego

É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudios nas Universidades de York e Leicester. Foi o primeiro alcalde do Grove da democracia (1979-1981), catedrático de Facenda Pública da USC, vicerreitor de Asuntos Económicos na USC (1985-1990) e actualmente é catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña. Foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia.

As súas investigacións céntranse na teoría do federalismo fiscal, as facendas territoriais, a economía da educación e os efectos económicos das infraestruturas do transporte. É experto en municipalismo.

imagen1

Xosé Carlos Arias

Catedrático de Economía Aplicada
Universidade de Vigo

Xosé Carlos Arias é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Como experto en investigación macroeconómica e análise de crises, é autor e coautor de nove libros e de numerosos artigos de análise en revistas de economía. As liñas preferentes de investigación se centran na economía política, análise de reformas económicas e análise das dinámicas de transformación dos mercados financeiros. Impartiu cursos de doutoramento en varias universidades españolas e latinoamericanas. Realizou estadías de investigación no Instituto Universitario Europeo (Florencia) ou no IADB (Washington D.C.).

Na actualidade participa activamente na análise dos cambios experimentados pola última Gran Depresión económica (2008-14). É colaborador de El País, columnista habitual de La Voz de Galicia e analista económico en V Televisión.

Armesto

José Francisco Armesto Pina

GEN
Universidade de Vigo

Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales pola Universidad Complutense de Madrid. Diplomado en Función Gerencial en la Administración Pública, ESADE. Diploma de directivo no ámbito da Administración Autonómica, EGAP.

Foi membro do Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, de abril 1998 ata a actualidade. Director-Xerente da Fundación Provigo e a súa área, abril 2009-xullo 2011.

Colabora co Foro Económico de Galicia na elaboración do Informe de Conxuntura, desde xaneiro 2014 ata a actualidade.

mario-baramendi

Mario Beramendi

La Voz de Galicia

Mario Beramendi.
La Voz de Galicia.
(Barcelona, 1973). Licenciado en Ciencias Políticas y de la Administración por la Universidad de Santiago (1996). Máster en Medios de Comunicación por la Universidad de A Coruña y La Voz de Galicia en 1997-1998. Trabaja en el diario La Voz de Galicia desde 1999, donde ha desempeñado responsabilidades en la información política y económica.

concepcion_campos

Concepción Campos Acuña

Codirectora de Red Localis

Concepción Campos Acuña (Pontevedra, 1973) é Doutora en Dereito, Directivo público profesional e Secretaria de Administración Local, Categoría Superior. Codirectora da Red Localis, é membro do grupo de  Investigación GEN (Governance and Economics Research Network). Especialista en Transparencia e Bo Goberno e Innovación Pública,  participa en diversos grupos de expertos para a reforma da Administración. Autora de numerosas publicacións, colabora como poñente e docente con distintas entidades, públicas e privadas no campo da divulgación científica.

concepcioncampos.org

Framcisco_Carballo

Francisco Carballo-Cruz 

Universidad do Minho 

Francisco Carballo-Cruz (Pontevedra, 1971) es Vicedecano de la Escola de Economia e Gestão de la Universidad do Minho (Portugal) y Coordinador Ejecutivo de UMinho EXec – Executive Business Education, en donde dirige el Programa Avanzado en Internacionalización de Negocios

(PAINT) – en colaboración con la consultora EY. Es profesor del Departamento de Economía de la Universidad do Minho, en la que enseña Economía Pública, Economía Regional y Economía Internacional (Economía Global), investigador del Núcleo de Investigación en Políticas Económicas (NIPE) y miembro de varios órganos de gestión académica.

Forma parte de los Consejos de Administración de TECMINHO (Vehículo de Transferencia de Tecnología), de ADRAVE (Agencia de Desarrollo Regional) y del IEMINHO – Instituto Empresarial do Minho (Incubadora de Empresas Tecnológicas), del que es Vicepresidente. Es también miembro del Consejo General y de Supervisión de BIC Minho – Business Innovation Centre y del Consejo Directivo del EURES Transfronterizo Galicia-Norte de Portugal.

Forma parte del Comité Ejecutivo (EOC) de la European Regional Science Association (ERSA), de la que es Auditor Interno, y del Consejo de la Regional Science Association International (RSAI), de la que es Responsable Financiero. Es Presidente de la Asociación Portuguesa de Desarrollo Regional (APDR) y, por inherencia, forma parte del Consejo Estratégico de ERSA (ERSAC).

En los últimos años coordinó varios proyectos de investigación y de investigación aplicada con financiación nacional y europea. Tiene una amplia experiencia en la dirección y participación de/en estudios y proyectos sobre políticas públicas (internacionales, nacionales, regionales y locales) y en la elaboración de planes estratégicos en diversos ámbitos.

Francisco es Doctor por la Universidad de Oxford (Reino Unido). Sus principales áreas de investigación son economía del transporte (financiación y LCC) y política regional (deslocalización y relocalización de actividades económicas).

anton-costas

Antón Costas Comesaña

Catedrático de Economía Aplicada Universitat Barcelona

Antón Costas Comesaña, (Vigo 1949) é catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Barcelona, e investigador do IREA, Institut de Recerca en Economia Aplicada Regional i Pública nesa mesma universidade.

As súas investigacións céntranse na economía política dos procesos de liberalización, o regulamento e a competencia. Ocupou o cargo de Valedor do Cliente de Endesa Cataluña e en 2006 foi elixido presidente do Consello de Administración da mesma compañía. Formado co recoñecido economista catalán Fabià Estapé, compaxina a investigación coa divulgación colaborando en diversos xornais, como El País, onde mantén unha columna na edición de Cataluña, e Vieiros, edición Barcelona. Está vinculado ao centro UIMP Galicia (Universidad Internacional Menéndez y Pelayo) e forma parte do padroado da Fundació Ernest Lluch.

victor-del-canto

Víctor del Canto Álvarez

Presidente Civis Global

Víctor del Canto Álvarez (León, 1974) é presidente da constructora galega Civis Global e membro da xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia. Civis Global naceu en 1989 en Vigo, donde ten a sede social e os seus servizos centrais. Del Canto é enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. A súa traxectoria profesional, sempre no sector privado de empresas constructoras, comezou en 1998 como responsable técnico de Macla Ingenierías, ocupando logo diferentes responsabilidades en empresas como Necso, Aldesa e a propia Civis Global, que preside dende o ano 2012.

imagen3

Melchor Fernández Fernández

Profesor Universidade de Santiago de Compostela e investigador do IDEGA

Melchor Fernández é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía pola Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente é profesor titular de Universidade no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da USC e coordinador do Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), instituto do que foi director entre 2005 y 2013. A súa investigación está especializada na avaliación de políticas públicas a escala local e rexional, en economía laboral e na economía da saúde.

FernandezLeiceaga

Xoaquín Fernández Leiceaga

Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela

Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961) é profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, director do Idega e membro da RIFDE e de GEN. Licenciado en Ciencias Económicas na USC, con premio extraordinario de licenciatura e doutor en Ciencias Económicas.

Foi vicerrector de Asuntos Económicos da USC, Concelleiro de Facenda e Mercados e Tenente de Alcalde no Concello de Santiago de Compostela, onde foi tamén Concelleiro de Facenda, Transportes e Reforma administrativa; deputado portavoz de Economia no Parlamento de Galicia polo grupo do PSdeG-PSOE.

sara_fernandez

Sara Fernández López

Profesora de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Santiago de Compostela

Sara Fernández López (Vilamartín de Valdeorras, 1972), doutora en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Santiago de Compostela.
Experta en investigacións sobre emprendemento e transferencia de tecnoloxía, economía conductual e decisións financeiras, e as políticas de financiamento universitario, o seu campo de traballo esténdese á investigación sobre spin-offs académicos, crecemento empresarial e innovación, decisións de aforro e investimento, e plans de financiamento dos sistemas universitarios. As súas investigacións figuran en numerosas publicacións e revistas especializadas nacionais e internacionais, como Business Services, European Journal of Finance, Feminist Economist, Spanish Journal of Finance and Accounting, Journal of Management Development, Technology Analysis & Strategic Management, etc.
Na súa labor de transferencia participou e/ou dirixiu máis de 15 contratos con diversas entidades, empresas e consorcios. Tamén colaborou en máis 16 proxectos de investigación financiados por diversas entidades rexionais, nacionais e internacionais. Actualmente, é investigadora nun consorcio internacional financiado pola Comisión Europea dentro do Programa Intelligent Energy – Europe (IEE). Desde o ano 2004 pertence ao grupo TIC da CRUE encargado de crear y elaborar os informes UNIVERSITIC. Desde 2010 tamén participa no GEM Project, elaborando anualmente os informes para Galicia.

http://scholar.google.es/citations?user=5DaTPCIAAAAJ&hl=es
https://www.researchgate.net/profile/Sara_Fernandez-Lopez2

josefina-fernandez

Josefina Fernández Miguélez

Consejera delegada de Geriatros-SARquavitae
Josefina Fernández Miguélez es consejera delegada de Geriatros-SARquavitae, empresa líder del sector sociosanitario español. Es licenciada en Gestión y Administración de Empresas, máster en Gestión e Inspección Tributaria de Haciendas Locales, en Economía y
Administración de Empresas y en Costes y Calidad en Centros Gerontológicos.
Tras su paso por la gestión de la Hacienda Local, se incorporó en el 2000 a Geriatros como directora general. Fruto de su labor, la empresa pasó de gestionar una única residencia de mayores en la comarca de Ferrol a contar con una red extendida por toda España que ofrece 21.900 plazas en 154 centros.

 

Manuel Fdez Pellicer-web

Manuel Fernández Pellicer

Delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia

Manuel Fernández Pellicer (Vigo, 1958) é o delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia. É tamén presidente de EnergyLab e conselleiro de Gas Galicia e de Sogama e, dende xaneiro de 2016, membro nato do Foro Económico de Galicia.
Enxeñeiro industrial, especialidade eléctrico no IESE e diplomado en dirección de empresas, don diferentes cursos de postgrao en xestión, prevención de riscos, calidade, informática ou xestión de equipos. Traballa no grupo Gas Natural Fenosa dende 1988, desenvolvendo diferentes funcións e cargos nas súas etapas profesionais. Entre 1997 e 2001, dende Unión Fenosa Distribución, realizou consultoría de empresas de distribución de enerxía eléctrica en 11 países de Europa e América.
Ten ampla experiencia de xestión e diferentes empresas galegas, entre as que destaca o seu paso por PSA Peugeot Citroën (1982-4), Pescanova (1984-6) ou Jealfer (1986-8).

Web Gas Natural Fenosa

imagen7

Alberto Gago Rodríguez

Director do Grupo REDE de investigación

Alberto Gago Rodríguez (Vilanova de Arousa, 1956) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Facenda Pública da Universidade de Vigo desde 1994, da que foi rector (2006-10). O seu traballo de investigación desenvólvese nos campos da incidencia impositiva, a reforma fiscal, a fiscalidade ambiental, a economía ambiental e enerxética. Na actualidade Alberto Gago é investigador principal e director do grupo de investigación REDE.

Web grupo REDE

Xose-Manuel-García-Vazquez

Xosé Manuel García Vázquez

Vicerreitor de Economía e Planificación da Universidade de Vigo

Xosé Manuel García Vázquez (Viveiro, 1958). Diplomado en Ciencias Empresariais na Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Coruña. Licenciado en Administración de Empresas na Facultade de Economía da Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC.

Desde 1997, é Catedrático de Organización de Empresas no Departamento de Organización de Empresas da Universidade de Vigo. Forma parte do cadro de profesores de numerosos Másters e Cursos de Postgrao, nas universidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Alacante, Oviedo, Burgos, Carlos III de Madrid ou Rovira i Virgili.

Na investigación, traballou sempre en temas relacionados coa Xestión da Producción e a Innovación Tecnolóxica. Pertence ao Grupo de Investigación REDE (Research in Economics, business and the environment). Dende xuño de 2010 é Vicerreitor de Economía e Planificación.

joseluis_gomez

José Luis Gómez

Periodista. Editor de MUNDIARIO

José Luis Gómez

Periodista. Editor de MUNDIARIO

Fundador y editor de Mundiario.com. Es columnista de Europa Press y de La Región y comentarista de la TVG y la Radio Galega. Es coeditor del Anuario del Foro Económico de Galicia y autor, entre otras obras, del libro ‘Cómo salir de esta’. Fundó Xornal.com en 1999 y fue director de La Voz de Galicia, Capital y Xornal de Galicia, diario del que también fue fundador. Ex director editorial de Grupo Zeta.

Web: http://www.mundiario.com

Manuel-Gomez-Franqueira

Manuel Gómez Franqueira

Conselleiro delegado de Coren

Manuel Gómez-Franqueira (Castrelo de Miño, 1947), incorporado desde 1988 a industrias Coren continúa o proxecto cooperativo iniciado polo seu pai nos anos 60 do que é actualmente Conselleiro Delegado.

As Cooperativas Orensanas orixinarias convertéronse co tempo nun grupo cooperativo con 22 instalacións repartidas por todo o territorio galego e máis de 3.800 empregados directos, que hoxe está considerado o primeiro grupo cooperativo alimentario de España.

A integración na CEE foi un reto que abriu a porta aos mercados internacionais, pasando a facturar na actualidade cerca do 859 millóns de euros, máis da metade da riqueza agroalimentaria galega. Unha das apostas destacadas de Coren é a diversificación do negocio estendido ao mercado avícola, porcino e vacún.

Web Grupo Coren

Imagen 1

Jorge González Gurriarán

Catedrático da Universidade de Vigo

Jorge González Gurriarán foi catedrático de Organización de Empresas, director Grupo de Investigación OC1 , profesor encargado da Cátedra Mecánica General-Aplicada, profesor de Teoría Económica e Economía da Empresa. Director de numerosos proxectos de investigación, libros e monografías sobre estratexia empresarial en cadenas de actividades empresariais, planificación e promoción económica territorial e xestión do coñecemento. Membro do primeiro Equipo Rectoral da Universidade de Vigo como Vicerrector de Asuntos Económicos e Xerente. Foi director xeral de Factorías Vulcano, xefe da oficina técnica de PSA Peugeot Citroën e director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

 

Curriculum Vitae

Imagen 2

Fernando González Laxe

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña

Fernando González Laxe (A Coruña, 1952) é catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e director do Instituto de Estudios Marítimos. Experto en pesca, portos e economía do mar, é autor, director e coautor de numeras investigacións sobre o sector pesqueiro e o transporte maritimo.

Foi presidente da Xunta de Galicia (1987-90), presidente de Puertos del Estado (2009-12), director xeral de Ordenación Pesquera, subdirector xeral de Pesca ou representante español na Conferencia Mundial de Pesca da FAO, entre outros desempeños profesionais ligados ás administracións públicas. Laxe dirixe tamen o Índice de Coxuntura do Foro Económico de Galicia.

JulioIglesiasGarcía

Julio Iglesias García

Presidente do Grupo de empresas REVI

Julio Iglesias García (Orense 1975) é presidente do Grupo de Empresas REVI, compañía fundada en 1950 que ten a súa actividade principal na fabricación de material eléctrico, cables e conducións, con presenza no mercado nacional e internacional. Actualmente é o Presidente do Forum de Xoves da Asociación Galega da Empresa Familiar. Julio Iglesias é Licenciado en Dereito por la Universidad San Pablo CEU, especialidade Xurídico Empresarial, e Máster en Dereito Privado. En 1998 incorporase ao grupo empresarial familiar, que preside dende 2006.

Web Grupo REVI

ManuelAngelJove

Manuel Ángel Jove Santos

Vicepresidente de Inveravante

Manuel Angel Jove Santos (A Coruña, 1966) é vicepresidente de Inveravante, corporación multisectorial fundada en 2007. Tamén é director da área de Patrimonio da mesma corporación Inveravante.
Con formación en mercados internacionais, é Máster en Xestión Empresas Inmobiliarias (MDI). Comezou a súa carreira profesional no Banco Hipotecario.
A meirande parte da súa traxectoria profesional está ligada ao grupo inmobiliario Fadesa, onde exerceu diferentes cargos executivos e foi, ata marzo de 2007, vicepresidente e conselleiro da compañía.
Manuel Ángel Jove é patrón fundador da Fundación María José e membro nato do Foro Económico de Galicia dende xaneiro de 2016. Está casado i é pai de catro fillos.

Web Inveravante

Manuel-Lago-Peñas

Manuel Lago Peñas

Economista de CCOO Galicia

Manuel Lago Peñas (Vigo, 1957), licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, economista de CCOO de Galicia, é autor do documento ‘El impuesto de sociedades, principal responsable de la crisis fiscal española’. Manuel Lago Peñas, é economista do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e analista económico en diferentes faladoiros en televisión. Tamén é membro da xunta directiva da asociación cívica para o debate político Namentras, e do Centro Sindical de Estudios Fundación 1º de Maio.

SANTIAGO LAGO, ECONOMISTA.

Santiago Lago Peñas

Director do Foro Económico de Galicia

Santiago Lago Peñas (Vigo, 1971) é catedrático do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, director do grupo de Investigación GEN (Governance and Economics Research Network) e director do Foro Económico de Galicia. Especialista en investigación económica sobre fiscalidade, desenvolvemento rexional e financiamento autonómico. Codirector da RIFDE e director da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo.

Web personal Uvigo

Web GEN

FelixLeivas

Félix Leivas Díaz

Director financeiro – Grupo Hierros Añón

Félix Leivas, licenciado en CC Económicas pola Universidade de A Coruña é Director Financeiro do Grupo Hierros Añón e responsable da oficina familiar de Manuel Añón.

Antes de súa incorporación ao Grupo Hierros Añón no ano 2006, estivo vinculado a diversas entidades financeiras.

imagen4

Xoán Xosé López Facal

Investigador, enxeñeiro industrial e doutor en Economía

Xoán López Facal (Cee, 1940) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciado en Ciencias Económicas pola USC. Na súa longa actividade profesional desempeñou cargos relevantes nas empresas Tafisa, Hijos de J. Barreras, Banco Popular Español e Intecsa, ademáis de na Sociedade de Desenvolvemento Industrial de Galicia (Sodiga).

A súa actividade investigadora está recollida en numerosas publicacións de traballos sobre a industria galega, emigración, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sector forestal ou o sector naval. Exerceu tamén de profesor asociado na USC e na Oficina Técnica da Escola Técnica Superior de Enxeñería Química da USC, posto no que se xubilou.

LopezIglesias

Edelmiro López Iglesias

Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela

Edelmiro López Iglesias (Bilbao, 1960) é profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, área na que é experto e consultor internacional en diferentes proxectos. A súa investigación céntrase nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega. É consultor de distintos organismos internacionais sobre políticas agrarias.

BaltasarManzano

Baltasar Manzano González

Investigador no King Abdulah Petroleum Studies and Research Center

Baltasar Manzano é doutor en Economía pola Universidade Complutense de Madrid, profesor de Economía na Universidade de Vigo e investigador visitante do King Abdulah Petroleum Studies and Research Center de Arabia.

Foi asesor económico do presidente da Xunta i é especialista en capital público, impostos, rendibilidade social das infraestruturas e enerxía. Os seus traballos teñen sido publicados en revistas científicas internacionais.

Jorge-Martinez-Vazquez

Jorge Martínez-Vázquez

Georgia State University

Jorge Martínez-Vázquez (Vilagarcía de Arousa), Ph.D.en Economía da Universidade de Washington; Lcdo en Economía e Dereito da Universidade de Barcelona; Lcdo en Ciencias Políticas da Universidade de Madrid.

É profesor de Economía e director do Programa de Estudios Internacionais da Escola Andrew Young de Estudios Políticos da Universidade Estatal de Georgia. É un destacado experto en descentralización fiscal, política fiscal e administración e xestión fiscal.

Traballou como consultor para o Banco Mundial, o Banco Asiático de Desenvolvemento, Banco Interamericano de Desenvolvemento, USAID, e gobernos de moitos países ou estados nos EE.UU. É membro do Panel de Expertos Fiscais do Fondo Monetario Internacional e desempeñou como economista senior proxectos en máis de 40 países en transición e en desenvolvemento de todo o mundo. Autor de numerosos artigos e libros académicos e de política sobre a reforma tributaria, a administración tributaria ou as relacións fiscais intergubernamentais, o seu traballo é recoñecido a través de galardóns como o Premio Nacional da Federación de Rusia en Economía para o período 2007-2009 ou o Premio da Política Pública 2010 da Cooperación Alemá para Desenvolvemento do Instituto Internacional de Finanzas Públicas.

Salustiano-Mato

Salustiano Mato de la Iglesia

Rector Universidade de Vigo

Salustiano Mato de la Iglesia (Santiago de Compostela ,1960). Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela é desde o ano 2000 catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Foi tamén Vicerreitor de Investigación entre maio de 1998 e agosto de 2005 e Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (2005-2009) da Xunta de Galicia. En 2010 foi elixido reitor da Universidade de Vigo.

Desenvolveu a súa carreira investigador no campo de bioloxía e a faunística de lombrigas de Galicia, participando en diversos proxectos de inventario e catalogación de invertebrados terrestres e publicando diferentes traballos en revistas científicas de prestixio internacional. En el año 1987 foi investigador postdoctoral nas universidades estadounidenses de Rutgers e Cornell, participando no desenvolvemento de sistemas de compostage. Tras o seu retorno a Galicia iniciou unha nova liña de investigación. Froito deste traballo xurdiron diversas publicacións científicas e técnicas, e dous patentes de invención. Nos últimos anos, entre 2005 y 2009, traballou como Director Xeral de I+D+i na Xunta de Galicia.

Publicou máis de cen traballos científicos dos cales máis da metade o foron en revistas de ámbito internacional, no campo da Ecoloxía do Solo e do Tratamento de Residuos.

imagene5

Victor José Nogueira García

Presidente do grupo Nogar

Víctor José Nogueira García (Santiago de Compostela, 1957) preside o grupo Nogar, con forte posicionamento no sector loxístico, comercial, inmobiliario i enerxético, especialmente en Brasil. Víctor Nogueira é licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto e graduado en Empresariais polo ICAI. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no grupo empresarial familiar, do que é presidente. O grupo Nogar está integrado por 11 compañías adicadas a diferentes actividades, tanto na produción como nos servizos a empresas, mais é na loxística onde se concentra a maior parte dos seus activos, tanto recursos humáns como materiais.

NovoCorti

Isabel Novo-Cortí

Profesora de Análise Económica -Universidade de A Coruña

Isabel Novo-Cortí, doutora en Economía pola Universidade de A Coruña, é profesora de Análise Económica nas facultades de Economía e Empresa, Dereito e Socioloxía. Dirixe o departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da UDC, desde 2009.

Experta en investigacións sobre as políticas públicas, economía condutual e exclusión social, o seu campo de traballo esténdese á investigación sobre mercados, competencia imperfecta, infraestruturas, transporte marítimo e sostibilidade. Traballa tamén en innovación educativa, perspectivas de xénero e economía ética.

As súas investigacións figuran en numerosas publicacións e revistas especializadas nacionais e internacionais, como Política y Gestión, Sustainability, Computers in Human Behavior, Journal of Universal Computer Science, European Research Studies Journal, etc.

Pertence ao Instituto Univesitario de Estudios Marítimos e coordina o grupo de investigación de Economic Development and Social Sustainability (EdaSS) da UDC.

FernandoOjea

Fernando Ojea

Director de Proxección Social da CRTVG
Fernando R. Ojea é director de Proxección Social da CRTVG desde 2009, e desde 2015 tamén é secretario xeral de CIRCOM Regional, a asociación europea das televisións públicas rexionais, que agrupa 255 emisoras e 10.000 xornalistas espallados por 33 países.
Con anterioridade exerceu de xornalista en varios medios, foi xefe da Sección de Economía e redactor-xefe de La Voz de Galicia (1996-2000), e director de Atlántico Diario (2000-2008).
Estudios: licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Estudos Avanzados en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Tamén obtivo o diploma de Alta Dirección da Escola de Negocios Afundación.
luis-otero-gonzalez

Luis Otero González

Doutor e profesor de Economía Financeira da Universidade de Santiago de Compostela

Luis Otero González (A Rúa, 1970) é profesor de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Santiago. Experto e investigador en xestión de risco, finanzas internacionais, sector financeiro e emprendemento, Luis Otero é articulista en numerosas revistas especializadas. É licenciado en en Ciencias Económicas con premio extraordinario de Licenciatura e doutor en Económica e Empresariais con premio extraordinario de doutorado.

Investigador principal do proxecto europeo Bolsa de Madrid (2014), obtivo o segundo premio do Centro de Estudios Financeiros de Madrid (2011) polo análise sobre a exposición cambiaria e os productos derivados. Participa en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais.

Curriculum Vitae

Imagen 2

Teresa Pedrosa Silva

Delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo

Teresa Pedrosa (Pontevedra, 1964) é a responsable do Consorcio da Zona Franca de Vigo dende 2012, centrando a súa dirección en políticas e programas de emprendemento e innovación, así como na mellora das infraestructuras empresariais. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como inspectora da Inspección de Traballo e Seguridade Social durante seis anos e foi xefa do equipo de inspección no Campo de Gibraltar. Teresa Pedrosa presidiu (1997-2002) o Consello Galego de Relacións Laborais e desempeñou diferentes cargos de representación pública, tanto no Concello de Pontevedra, como na Deputación de Pontevedra.

Web Consorcio Zona Franca de Vigo

perez_nieto

Emilio Pérez Nieto

Presidente de Unvi e da Asociación Galega da Empresa Familiar

Emilio Pérez Nieto (Ourense, 1942) é presidente da compañía industrial UNVI e conselleiro do Grupo Pérez Rumbao. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Bilbao, Emilio Pérez Nieto preside a Asociación Galega da Empresa Familiar, e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia (ACOAG), é vicepresidente do Círculo de Empresarios de Galicia ou da Asociación para o Progreso e a Dirección (APD), así como membro do consello asesor do banco Sabadell Gallego. Estivo ligado aos distintos organismos e institucións empresariais máis importantes de Galicia en cargos de dirección.

JR-PerezNieto-2

Jose Ramón Pérez Nieto

Presidente do Grupo Pérez Rumbao

José Ramón Pérez Nieto (Ourense, 1950) é presidente do consello de administración de Pérez Rumbao, SA, matriz dun grupo de 31 empresas que operan no sector da automoción, na comercialización de vehículos e camións, como na produción de compoñentes de autobuses. Como empresario, participa na xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ourense e durante cinco anos pertenceu á comisión executiva de Faconauto.

Luis_Pousa

Luis Pousa

Xornalista económico

Luis Antonio Pousa Meréns, xornalista, é analista de política económica. Foi subdirector de El Correo Gallego. Participou como comentarista na Radio Galega, Radio Obradoiro, Cadena Ser, TVE, TVG e Antena 3, así como en varias revistas españolas. É autor de diversas publicacións, como “As Comarcas de Galicia” e “A posta en marcha do euro”. Participou na obra colectiva “Galicia Económica”, de Hércules de Ediciones, coa análise “Galicia ante a Gran Recesión”. Foi Premio Galicia de Xornalismo 1987 e Galicia de Comunicación 1993. Preside Asotavento Comunicación S.L.

AlbinoPrada-recorte

Albino Prada Blanco

Doutor en Economía

Albino Prada Blanco, é profesor titular no departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e investigador do grupo ERENEA. Ten realizado informes e dirixido asistencias técnicas para o Parlamento de Galicia (sobre política forestal), Congreso dos Deputados (mareas negras do Prestige), Consellería de Economía (globalización e competitividade de Galicia) ou para o IGE (sistema de indicadores de I+D+i). E coautor, xunto con Santiago Lago, do libro Galicia: unha economía europea (Ed. Galaxia, 2009), e gran divulgador de análises económicos sobre Galicia nos principais xornais e revistas do país. Páxina persoal UVIGO Páxina Wikipedia Galicia

PedroPuy

Pedro Puy Fraga

Profesor de Economía Política na Universidade de Santiago

Pedro Puy (Granada, 1962) é doutor en Dereito e profesor titular de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Ten numerosas colaboracións e análises no campo do financiamento autonómico, reparto da riqueza e políticas públicas. Pedro Puy é actualmente o portavoz do PP no Parlamento de Galicia, logo dunha extensa traxectoria política. Foi xefe de gabinete do conselleiro de Política Territorial, director xeral de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia, conselleiro do Consello de Contas de Galicia. Elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2009, é voceiro de Economía do Grupo Popular e desde marzo de 2011 voceiro do Grupo Parlamentario.

IgnacioRivera

Ignacio Rivera

Consejero Delegado de Hijos de Rivera

Ignacio Rivera (A Coruña, 1965) es licenciado en Administración y Dirección de Empresas en ICADE. Máster MBA en ESDEN, su trayectoria profesional está vinculada desde 1990 a la compañía Hijos de Rivera, S.A.U.

En 1994, desde la Dirección Comercial-Marqueting, rediseña la estrategia corporativa orientándola a la expansión de mercados y nuevos productos. Desde entonces la compañía abre mercados en cuatro continentes con una espectacular expansión nacional e internacional.

Desde la dirección de Aguas de Cabreiroá, donde es Consejero Delegado, es uno de los grandes impulsores y precursores en la gran explosión del mercado de aguas minerales a nivel nacional.

A partir de 1999, ya como Director General Adjunto y Consejero de HIJOS DE RIVERA, S.A continúa los planes de expansión de mercados y diversificación de productos que hoy caracterizan a la compañía. Desde 2004 preside el Grupo Manantiales de Galicia y en 2007 asume la Dirección General de Hijos de Rivera hasta que en 2012 pasa a ser Consejero Delegado, cargo que compagina con otras ocupaciones en consejos de administración de diferentes empresas.

web Hijos de Rivera

julián_rodríguez

Julián Rodríguez Moscoso

Economía Digital, El Progreso

(A Coruña, 1968) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra e máster en Economía pola Universidade de Vigo. Actualmente colabora en varios medios, entre eles o Grupo El Progreso, a TVG e a Radio Galega. É membro do comité de dirección de Economía Digital e responsable para Galicia. Iniciou a súa traxectoria profesional na Cadena Ser, para incorporarse despois a La Voz de Galicia (1992-1999). Entre outros postos, ocupou a dirección de El Adelanto de Salamanca (1999-2000) e de El Periódico Extremadura (2000-2004), ambos os do Grupo Zeta. Entre 2005 e 2008 foi subdirector da revista económica Capital e, posteriormente, xefe de Área de Comunicación de Puertos del Estado (2010-2011).

É autor del libro Señores de Galicia (La Esfera de los Libros, 2008) e colaborou, entre outros medios, con El País e El Periódico.

https://www.linkedin.com/in/juli%C3%A1n-rodr%C3%ADguez-moscoso-10010b50/?ppe=1

imagen6

Manuel Rodríguez Vázquez

Presidente de Rodman

Manuel Rodríguez (Vigo, 1942) preside o grupo Rodman, adicado á construcción naval, tanto en grandes buqes de aceiro como no deseño e producción de embarcacións de recreo ou de vixiancia. Como empresario ten desenvolvido empresas noutros sectores, como na automoción. Manuel Rodríguez te participado como conselleiro en diferentes empresas (banca, pesca, alimentación, edición de libros en galego), aínda que case toda a súa traxectoria profesional está ligada ao sector naval. É membro da directiva do Círculo de Empresarios de Galicia e da Asociación galega da Empresa Familiar.

PatricioSanchez

Patricio Sánchez Fernández

Subdirector do Foro Económico de Galicia

Patricio Sánchez (Vigo, 1973) é doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Postgraduate Diploma in Marketing and Enterprise Skills polo Galway Institute of Technology (Irlanda). Pertence ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network) da Universidade de Vigo do que é subdirector.

Ten sido membro do equipo de investigación de proxectos competitivos a nivel nacional relacionados coa economía, a xestión empresarial, o turismo e o deporte. Igualmente, ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais, ao tempo que conta con experiencia profesional no ámbito do sector financeiro.

imagen2

Alfonso Sánchez Izquierdo

Director xeral da CRTVG

Alfonso Sánchez Izquierdo (Sidi-Ifni, 1949) é xornalista galego e licenciado en Dereito. É director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) dende 2009 e presidente da Federación de Organismos de Radio e Televisión (FORTA) en varias ocasións. Foi director xeral de La Región de Ourense, conselleiro delegado da Axencia Galega de Noticias e do xornal Atlántico Diario de Vigo. É coautor de varios libros sobre a socioeconomía e a autonomía de Galicia e profesor asociado de Xestión de Empresa Informativa na Universidade de Santiago de Compostela.

Web CRTVG

Curriculum Vitae

maruxa-sanmartin

Maruxa Sanmartin

Presidenta Ejecutiva del Grupo Maviva
La coyuntura de crisis económica propició que Maruxa Sanmartín comenzase a trabajar en Sanmartín al Servicio de la Industria, empresa familiar fundada por su padre, cuando se encontraba cursando estudios de Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela.
Con el paso de los años la empresa familiar de representación se fue especializando, dando lugar a la creación de nuevas empresas que
ofrecían soluciones a las nuevas necesidades de la industria y que fueron el origen de lo que hoy es el Grupo Maviva. Durante esta etapa Maruxa realizó un curso superior de control y gestión en la Escuela de Negocios Caixa Vigo y desempeñó distintos puestos de responsabilidad en las áreas de calidad, administración y gestiónde las empresas del Grupo.
En 2002, tras la muerte del fundador, Maruxa adquiere el Grupo Maviva y es nombrada presidenta.
Desde su ascenso a este cargo el Grupo ha duplicado su número de empleados y ha abierto nuevos centros en Vigo, Valladolid, Madrid, Burgos y Mangualde (Portugal), aumentando notablemente su cartera de clientes del sector de la automoción y adentrándose en otros nuevos como el del retail.
Actualmente Sanmartín compagina el cargo de Presidenta Ejecutiva del Grupo Maviva con el de vocal de la Junta Directiva delCírculo de Empresarios de Galicia y la participación en múltiples foros del ámbito económico y social.
manolovsola-1

Manuel V. Sola

Punto GA

Manuel V. Sola (Vigo, 1963) é director de Punto GA Comunicación, empresa consultora e axencia de comunicación con sede en Vigo, fundada en 2014. Foi director de comunicación de Caixa Galicia, Novacaixagalicia, Novagalicia Banco e EVO Banco. Xornalista económico e político, traballou en El País, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Xornal Diario e Atlántico Diario, así como Radio Noroeste e Radio España.

alberto_vaquero

Alberto Vaquero García

Universidade de Vigo

Alberto Vaquero García (Vigo, 1968) é profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, membro do grupo de Investigación GEN (Governance and Economics Research Network) y Codirector de la Red Localis. Especialista en investigación económica sobre fiscalidade,financiamento autonómico, economía da educación e do traballo e analise rexional. Foi asesor do Gabinete de Estudos do Consello Económico e Social de España e asesor do Gabinete da Ministra de Educación e Ciencia. Participa en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais.

Web personal Uvigo http://alberto.vaquero.webs.uvigo.es

Web GEN http://infogen.webs.uvigo.es/

Manuel-Varela

Manuel Varela Lafuente

Catedrático Economía Aplicada
Universidade de Vigo

Manuel Varela (Vigo, 1949), catedrático Economía Aplicada Universidade de Vigo, é un dos maiores expertos españois en economía pesqueira. O seu campo de investigación céntrase sobre todo na Economía dos recursos naturais e ambientais, a Acuicultura ou a Xestión sostible dos recursos mariños en Galicia ou na UE.

Nos últimos anos ten participado en programas ou proxectos de investigación, nacionais ou internacionais, arredor da pesca selectiva, eficiencia e sostibilidade e xestión dos recursos pesqueiros, así como en estudios de impacto socioeconómicos das políticas pesqueiras na UE.

Sobre estes mesmos aspectos ten publicado ademais numerosos estudios científicos en revistas especializadas en políticas ou recursos pesqueiros. Tamén é autor ou coautor de libros sobre as súas áreas de especialidade.

xose-henrique-vazquez

Xosé H. Vázquez

Profesor da Universidade de Vigo

Xosé H. Vázquez (Rianxo, 1971) é profesor do máster de Innovación Industrial e Optimización de Procesos da Universidade de Vigo. A súa axenda de investigación céntrase no proceso de innovación; desde o desenvolvemento de novos produtos ata a súa fabricación e loxística. Os seus traballos publicáronse no Cambridge Journal of Economics, Computers and Operations Research, Harvard Business Review, IEEE Transactions on Engineering Management, Industrial and Corporate Change, Industrial Marketing Management, Long Range Planning, Management and Organization Review, Organization Science, Organization Studies, Research Policy ou Technology Analysis and Strategic Management.

Ten traballos de colaboración co Banco Interamericano de Desenvolvemento, Ministerio de Economía e Competitividade, Consellería de Industria, Zona Franca de Vigo, Pescanova, Jealsa-Rianxeira ou Syngenta.

AF_31_MARCA_POSITIVO_RGB_COLOR_ALTA
agef
casal-de-armán
civisglobal
descarga
CRTVG
GNFvpColor
Simbolo_GRUPO_DE_INVESTIGACION_GEN (3)
geriatros
hierros-anon
HijosRivera-color
logo-positivo2
descarga (1)
logo_MAPFRE
maviva
Grupo Nogar
perezrumbao
Revi-web
perezrumbao
foto-19.fw

Antonio Abril

Inditex e Consello Social UDC

Javier Aguilera

IGAPE

José Álvarez Cobelas

Anjoca

Eduardo Álvarez-Naveiro

Secretario xeral de Abanca

Francisco Botas

Conselleiro delegado de Abanca

Anxo Calvo

UDC

Abeta Chas

Diario Expansión

Antonio del Corral

Grupo R

Antonio de Cora

Grupo El Progreso – Diario de Pontevedra

Juan Carlos da Silva

Faro de Vigo

Guillermo de la Dehesa

CEPR

Bibiana Díaz Cardo

Rotary Club-A Coruña

Andrés Faíña

UDC

Jose Manuel Fernández

Hierros Añón

Benito Fernández

Engasa

María Fernández

El País

Xavier Ferreira

USC

Ana Fuentes

Diario Atlántico

Blanca Gefaell

Consorcio Zona Franca de Vigo

Juan José Jaén Izquierdo

Conselleiro delegado de Bricoking S.A.

Honorato López Isla

APD Noroeste

Maria Loureiro

USC

José Luciano Martínez

CEAGA

María José Miragaya

La Región

María José Moral Rincón

UNED e FUNCAS

Carsten Mosser

Cámara de Comercio Alemana para España

Verónica Núñez

AGN

Marcelino Otero

Círculo de Empresarios de Galicia

Selina Otero

Faro de Vigo

Aída Pena

Cadena SER

Norberto Penedo Rey

Joaquín Pérez Bellido

Grupo Pérez Rumbao

Juan Picos

Uvigo

Susana Quintás

Banco Pastor

Jacobo Rey

El Progreso

Ciprián Rivas

Uvigo

Santiago Riveiro

El Correo Gallego

Miguel Ángel Rodríguez

Director Diario de Pontevedra

José Octavio Rodríguez

CRTVG

Fernando R. Ojea

CRTVG

Fernando Salgado

La Voz de Galicia

Javier Sánchez de Dios

Faro de Vigo

José Silveira

POVISA

Sofía Vázquez

La Voz de Galicia

Xosé Andrés Vázquez Hermida

El País

Luis Verde

Sergas

José María Vilabrille

Nova+ e El Progreso

Manuel Villar

CRTVG

Log in with your credentials

Forgot your details?