O Foro Económico de Galicia ten forma xurídica de asociación sen ánimo de lucro. Na base da súa estrutura aparecen as empresas e institucións que son socias de dereito e os patrocinadores estables. Os membros natos inclúen aos profesores, empresarios, directivos e xornalistas que de xeito continuado contribúen a actividade ordinaria do Foro. O comité executivo está composto por seis persoas que se encargan de adoptar as decisións estratéxicas e supervisar as actividades. Finalmente, o Foro conta con colaboradores que participan puntualmente nalgunha actividade.





Fernando González Laxe

Fernando González Laxe
Universidade da Coruña

[+]

Fernando González Laxe (A Coruña, 1952) é catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e director do Instituto de Estudios Marítimos. Experto en pesca, portos e economía do mar, é autor, director e coautor de numeras investigacións sobre o sector pesqueiro e o transporte maritimo.
Foi presidente da Xunta de Galicia (1987-90), presidente de Portos do Estado (2009-12), director xeral de Ordenación Pesquera e subdirector xeral de Pesca.



Santiago Lago

Santiago Lago
Universidade de Vigo / Director do Foro Económico de Galicia
[+]

Santiago Lago Peñas (Vigo, 1971) é director do grupo de Investigación GEN (Governance and Economics Research Network). Especialista en investigación económica sobre fiscalidade, desenvolvemento rexional e federalismo fiscal. Codirector da RIFDE e director da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo. Colabora coa OCDE, o Forum of Federations e a Comisión Europea, entroutros.



Victor José Nogueira García

Victor José Nogueira García
Grupo Nogar e Asociación Galega de Empresa Familiar
[+]

Víctor José Nogueira García (Santiago de Compostela, 1957) preside o grupo Nogar, con forte posicionamento no sector loxístico, comercial, inmobiliario i enerxético. Víctor Nogueira é licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto e graduado en Empresariais polo ICAI. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no grupo empresarial familiar, do que é presidente. O grupo Nogar está integrado por 11 compañías de vocación internacional. É presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar.



Emilio Pérez Nieto

Emilio Pérez Nieto
Grupo Pérez Rumbao
[+]

Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales pola Universidad Complutense de Madrid. Diplomado en Función Gerencial en la Administración Pública, ESADE. Diploma de directivo no ámbito da Administración Autonómica, EGAP.
Foi membro do Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, de abril 1998 ata a actualidade. Director-Xerente da Fundación Provigo e a súa área, abril 2009-xullo 2011.
Colabora co Foro Económico de Galicia na elaboración do Informe de Conxuntura, desde xaneiro 2014 ata a actualidade.



Pedro Puy

Pedro Puy Fraga
Universidade de Santiago de Compostela
[+]

Pedro Puy (Granada, 1962) é doutor en Dereito e profesor titular de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Ten numerosas colaboracións e análises no campo do financiamento autonómico, reparto da riqueza e políticas públicas. Pedro Puy é actualmente o portavoz do PP no Parlamento de Galicia. Foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia e director xeral de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia.



Manuel Rodríguez Vázquez

Manuel Rodríguez Vázquez
Rodman
[+]

Manuel Rodríguez (Vigo, 1942) preside os grupo Rodman, unha compañía internacional con varios estaleiros, adicados á construcción naval, tanto en grandes buques de aceiro como no deseño e producción de embarcacións de recreo ou de vixiancia. Manuel Rodríguez é directivo do Círculo de Empresarios de Galicia, da Asociación Galega da Empresa Familiar e membro de diferentes consellos de administración.

 


Equipo Técnico



Patricio Sánchez

Patricio Sánchez
Universidade de Vigo / Subdirector do Foro Económico de Galicia
[+]

Patricio Sánchez (Vigo, 1973) é doutor en Economía pola Universidade de Vigo e Postgraduate Diploma in Marketing and Enterprise Skills polo Galway Institute of Technology (Irlanda). Pertence ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e ao grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network) da Universidade de Vigo do que é subdirector.



Lucía Ferreira

Lucía Ferreira
Foro Económico de Galicia
Xerente

[+]

Lucía Ferreira (As Neves, 1981) é graduada en Economía e máster en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade de Vigo. Traballa na Universidade de Vigo como responsable de xestión de grupos de investigación. No 2013 se incorporou a o grupo de investigación económica GEN, do que é a coordinadora xeral. Lucía Ferreira tamén é coordinadora do Foro Económico de Galicia, RIFDE e a Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo



Fernanda Martínez

Fernanda Martínez
Foro Económico de Galicia
Xerente adxunta

[+]

Fernanda Martínez (Buenos Aires, 1991) é xestora do grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo. Graduada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, é Máster en Banca e Finanzas pola Universidade da Coruña. Ademais de estar integrada en GEN, é corresponsable da organización de actividades de RIFDE, Foro Económico de Galicia e Cátedra de Empresa Familiar. Tamén é responsable de comunicación e redes sociais do grupo.



Carla Reyes

Carla Reyes Uschinsky
Foro Económico de Galicia
Responsable de comunicación

[+]

Carla Reyes Uschinsky (Santiago de Chile, 1960) é licenciada en Xornalismo e Comunicación pola Université Libre de Bruxelles (Belgique). Traballa como xornalista e consultora en comunicación e tamén como comentarista política e columnista en distintos medios galegos. Preside Executivas de Galicia desde o ano 2013. Responsable de comunicación do Foro Económico de Galicia, RIFDE e Cátedra de Empresa Familiar.